Crónica II Carreira Trail do Branco Lexítimo – Paderne – 10/06/2018

O pasado domingo 10 de xuño enchíamos a aldea padernesa de Esperela de runners coa celebración da segunda edición do Trail do Branco Lexítimo, organizado polo noso clube, o Gallaecia Raid, en colaboración co Concello de Paderne.

Ás 10 da mañá una sucesión de bombas pirotécnicas daba o sinal de saída desta edición 2018 dun Trail que se está a converter nunha cita moi atractiva para uns corredores chegados de diversos puntos da xeografía galega.

O Trail Longo foi o escollido por aqueles corredores máis experimentados xa que, con 21 km e 850 metros de desnivel, esta alternativa non está ao alcance de tódalas condicións físicas. Os participantes comprobaron a dureza dos montes de Paderne, reserva da Biosfera, desfrutando ó mesmo tempo dun trazado deseñado polo noso compañeiro Lucas Freire. Noelia Pintor acadaba o triunfo en categoría feminina, cun tempo de 2 horas e 7 minutos. Geli López, do Clube Running Arteixo, chegaba en segundo lugar á meta de Esperela, mentres que Sonia Botana, do NoSportLimit, lograba o último dos postos de honra. Entre os homes, Jose Ángel Díaz, do Clube Atletismo Sada, chegaba en primeiro posto absoluto nesta edición do Trail, cun tempo de 1h e 39 minutos. Dous dos seus compañeiros de clube, David Alonso e Pablo Seoane, completaban os postos de pódium, nun triplete do clube sadense.

Os corredores máis modestos escollían a versión curta do Trail do Branco Lexítimo, que a pesar de todo, con 11km e 450 metros de desnivel, tamén aseguraba dureza e diversión para todos. 1 hora e 14 minutos foi o tempo empregado pola gañadora, Noelia Rodríguez, do Clube Running Arteixo, con case 6 minutos de vantaxe sobre Ainhoa Delgado, segunda clasificada. Terceira era Carmen Casal, cerrando os postos do pódium celebrado en Esperela. En categoría masculina, o gañador foi José Luis Turnes, rebaixando o tempo ata os 55 minutos. Segundo era Luigi García, do C.C. Riazor, mentres que o Clube Atletismo Sada tiña presencia neste pódium con David Cruz.

Mentres tanto, tamén se celebraba una andaina na que moitas familias desfrutaron dunha mañá distinta, gozando dunha climatoloxía que permitía realizar a proba nun entorno perfecto, camiñando polos sendeiros e camiños do Concello de Paderne.

Dende o noso Clube, queremos facer mención especial ao Concello de Paderne, por permitirnos formar parte do programa da Mostra do Branco Lexítimo e axudarnos coa organización desta proba; a veciños e visitantes por acompañarnos nesta festa do deporte; a patrocinadores, colaboradores e demáis entidades, por botar unha man para que todo saise da mellor forma posible e, por suposto a vós, os participantes, por vir a este Trail.

Como punto final desta crónica, deixámosvos co enlace ás clasificacións que nos ofrece Galitiming…

Clasificación Trail Curto

Clasificación Trail Longo

 

… e coa ampla galería de fotos dos nosos colaboradores:

Galería de Rafa Pazos

Galería de Pablo López

Galería de Dani García

Galería de Lucas Freire

Galería de Pako Diz (Pre-Saída)

Galería de Pako Diz (Saída)

Galería de Pako Diz (San Xulián de Vigo)

Galería de Pako Diz (Última Costa 1)

Galería de Pako Diz (Última Costa 2)

Galería de Pako Diz (Última Costa 3)

Galería de Pako Diz (Última Costa 4)

Galería de Iván Noguerol (Pre-Saída)

Galería de Iván Noguerol (Río Zarzo)

Galería de Iván Noguerol (Meta)

Galería de Iván Noguerol (Pódium)