Crónica Liga Española de O-BM – Serra Sur de Sevilla e Campiña Cordobesa

O pasado fin de semana, os nosos Martín e Enrique Álvarez desplazábanse ata terras andaluzas para desputar a última proba da Liga Española de O-BM. Despois de case 10 horas de coche, os nosos corredores chegaban a Herrera, centro neurálxico da proba onde se encontraban tamén outros equipos galegos do Clube Fluvial de Lugo, e o ADC Arnela.

A organización do evento agrupaba as distintas categorías da proba en varios mapas que compartían percorrido, polo que Kike e Martín, pai e fillo, compartirían trazado e balizas, feito que lles serviría para comparar tempos e estratexias unha vez completada a proba.

 

O primeiro día celebrábase a carreira de distancia media en Puente Genil, nunha zona denominada Aldea la Mina. Alí Martín non comezaba con bo pé, xa que sufría problemas na roda dianteira durante o quecemento, feito que obligaba a instalar unha cámara de aire de emerxencia para poder desputar a proba sen problemas. Durante o percorrido, Kike e Martín coinciden, continuando os problemas para este último, xa que volve sufrir un pinchazo tralo paso pola baliza 5. A pesar do tempo perdido, Martín consegue rematar unha carreira caracterizada polo trazado seco e deslizante, con moitas pedras e camiños entre oliveiras que facían que a concentración no mapa fose crucial para acadar un bo resultado. Os nosos conseguiron uns resultados case inmellorables: Martín chegaba ao primeiro posto en categoría Junior Masculino, mentres que Kike era terceiro en Veteranos A Masculino.

 

O segundo día, a proba Sprint desputábase en Herrera, cunha bonita carreira que combinaba unha rede interminable de camiños entre oliveiras con pistas rápidas. As diferentes eleccións de percorrido facía que a carreira fose un pouco caótica, pola diversidade de opcións para os participantes, chegando algúns a colisionar, dadas as velocidades que se acadan neste tipo de probas. Aquí Martín volvía a conseguir a victoria en Junior Masculino, mentres que Kike se conformaba co oitavo posto en Veteranos A.

 

Por último, aos nosos corredores lles esperaba a proba de distancia longa que se ía celebrar en Gilena. Con 400m de desnivel acumulado, combinaba pistas con puco agarre e trialeiras de descenso, con tres bucles que castigaban moito os neumáticos. O primeiro destes bucles, moi técnico, provocaba que tanto Martín coma Kike sufrirán duas caídas sen consecuencias. Os dous bucles seguintes eran pistas de fácil rodadura (ao tempo que difíciles para navegar) combinadas con trialeiras moi complicadas. A proba remataba cunha entrada en meta algo peligrosa, xa que os orientadores chegaban a moita velocidade, con vehículos que circulaban nas inmediacións. Nestaproba, Martín conseguía un Hat-Trick, sumando un pleno de victorias no seu periplo andaluz, mentres que Kike acadaba o quinto posto en Veteranos A.

Ao remate do evento, Kike comentaba o seguinte:

Traémonos unha boa suma de puntos para o Gallaecia Raid, xa que facendo cálculos creo que nos vamos a poñer terceiros por Clubes na clasificación da Liga Española de O-BM, xusto por detrás do Fluvial de Lugo, sempre presentes neste Campionato, e os SRK, con gran afluencia de corredores en todas as probas. Non sei se serve de algo, pero sempre gusta estar no podium. Animo a máis xente a participar neste tipo de carreiras, xa que somos moitos orientadores no Gallaecia Raid, e podemos acadar moi bos resultados a nivel nacional.