II Carreira Trail do Branco Lexítimo – Paderne – 10/06/2018

Volvemos, por segundo ano consecutivo, a Paderne. Nesta ocasión, a II CARREIRA TRAIL DO BRANCO LEXÍTIMO terá lugar o vindeiro 10 de xuño de 2018 na parroquia de Esperela, con saída e chegada no mesmo centro da aldea.

Ubicación da proba en Google Maps

Este ano contamos con dous novidosos percorridos e tres modalidades competitivas:
• Trail Longo: 21 km aprox. con 840 metros de desnivel positivo.
• Trail Curto: 11 km aprox. con 450 metros de desnivel positivo.
• Andaina: 11 km e 450 metros de desnivel positivo.

Unha vez máis, esta proba coincide coa xa tradicional MOSTRA DO BRANCO LEXÍTIMO, polo que os inscritos e os seus acompañantes poderán desfrutar de todo o que esta mostra ofrece, ademáis de degustar o seu famoso viño. O programa da mostra para o domingo 10 de xuño inclúe:

– 10:00 Apertura do recinto. Saída do II Trail do Branco Lexítimo.
– 11:00 Cata de Viños de Branco Lexítimo e I.X.P. para a Guía de Viños de Galicia 2019 de Luís Paadín (plazas limitadas con reserva).
– 12:00 Exposición de coches clásicos do Automóvil Club de Galicia.
– 12:30 Acto de nomeamento dos Novos Embaixadores do Branco Lexítimo. Charla de Luís Paadín.
– 13:30 Pregón a cargo de Angel Germade.
– 14:00 Sesión Vermú. Mexilloada.

1. ORGANIZACIÓN

A proba está organizada polo noso clube, Gallaecia Raid, e o Concello de Paderne.

2. HORARIOS

– 10:00 h. Saída Trail Longo
– 10:00 h. Saída Trail Curto
– 10:00 h. Saída Andaina (a continuación dos Trails)
– 12:00 h. Apertura de duchas (no polideportivo de San Pantaleón das Viñas)
– 13:00 h. pincho para tódolos participantes
– 13:15 h. Entrega de trofeos
– 14:00 h. Peche de meta

3. ITINERARIO

Ámbolos dous percorridos son circulares e se desenvolven maiormente en terreno de monte, exceptuando algún tramo de asfalto para enlazar camiños e sendas. Onde se crucen estradas, disporemos de persoal para regular o tráfico. Publicaremos os perfís da carreira antes da súa celebración e facilitaremos a información necesaria a través das nosas redes sociais e web.

 

4. DUCHAS

Na zona de meta non existe infraestructura para poder ofrecer o servizo de ducha, polo que o Concello de Paderne porá a disposición dos participantes un servizo de duchas no Polideportivo de San Pantaleón das Viñas. Para desplazarse dende meta ata este polideportivo será necesario ir en coche. También se habilitará na zona de meta unha mangueira con agua corriente.

 

5. CONDICIÓNS

 

Os participantes corren baixo a súa propia responsabilidade, realizando toda ou parte da proba. A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que poidan recibir ou producir los participantes, ainda que se disporá dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes para os mesmos, estén o non federados en montaña ou atletismo.

En caso de retirada, deberá avisarse ao personal da organización. No suposto caso de lesión ou impedimento para regresar polos propios medios a meta, pedirase axuda á organización, que xestionará o rescate. Facilitaranse teléfonos de contacto para emerxencias. O circuito non estará ao tránsito de vehículos, polo que todo participante está obligado a cumplir as normas de circulación vial, sendo responsable de cantas infraccións puidese cometer, e
deberá respectar o paso de gando, persoas e vehículos.

 

6. PARTICIPACIÓN, CATEGORÍAS E TROFEOS

  • Únicamente se poderá participar en categoría INDIVIDUAL.
  • Para optar a clasificación, os corredores participarán de maneira individual e sen recibir axuda externa ou de outro participante, debendo completar cada un deles a totalidade do percorrido.
  • A cronometraxe realizarase por medio de chip.
  • Tanto no percorrido longo coma no curto, entregarase un trofeo a cada un dos 3 primeiros clasificados, masculino e feminino, en categoría ABSOLUTA.
  • Na andaina non haberá entrega de premios.
  • Os menores de idade solo poderán participar na andaina e deberán ir acompañados dun adulto ou titor legal INSCRITO NA PROBA.
  • Non está permitida a participación de menores de edad na modalidade de Trail curto ou longo.

 

 

7. INSCRIPCIÓNS E PREZOS

As inscripcións poderanse realizar na páxina web de GALITIMING ata as 23:59:59 do xoves 07/06/18 ou ata chegar aos 600 inscritos entre as 3 carreiras. Non será posible inscribirse o día da proba.

O prezo da inscripción será de:
– Trail longo: 15€ ata o domingo 03/06/2018 ás 23:59:59 e 18€ do luns 04/06/2018 ás 00:00 horas ata o peche de inscricións.
– Trail corto: 10€ ata o domingo 03/06/2018 ás 23:59:59 e 13€ do luns 04/06/2018 ás 00:00 horas ata o peche de inscricións.
– Andaina: 7€ ata o domingo 03/06/2018 ás 23:59:59 e 10€ do luns 04/06/2018 ás 00:00 horas ata o peche de inscricións.

Disporemos de 600 plazas en total, sumando as 3 modalidades. Non se reservarán plazas. A inscrición da dereito aos avituallamientos correspondentes, asistencia sanitaria durante e ó finalizar a proba, transporte a meta dos participantes que abandonen a proba, bolsa do corredor, gardarroupa, duchas, e avituallamiento adicional en meta.

Política de cancelacións: O plazo para solicitar a cancelación da inscrición finaliza o luns 04 de xuño. Este trámite terá una penalización de 3 € sobre el importe pagado. A organización resérvase o dereito de impedir aa inscripción, na presente e futuras edicións da proba, nas seguintes circunstancias:

  • Calquer persoa á que se considere non capacitada, pola súa condición física ou que poida ser perxudicial para o desenrolo da mesma, ou do entorno onde se desonvolve.
  • Calquer persoa á que, polas súas accións ou palabras, se considere unha ameaza para a seguridade da carreira, dos demáis corredores, público, colaboradores, patrocinadores, medios de comunicación, etc.
  • Calquer persoa que corra na presente edición sen acreditar a súa condición de inscrito.

 

8. ENTREGA DE DORSAIS:

A entrega de dorsais realizarase o mesmo día da proba, de 8:30 a 9:30 na zona de saída. Cada corredor deberá recoller o seu propio dorsal. Non se entregarán dorsais a terceiras persoas. Será obligatoria a presentación do DNI para a recollida do dorsal.

 

9. CONTROLES

Haberá controles de paso en varios puntos do percorrido para acreditar que todos os participantes fan a totalidade do trail correctamente.

 

10. AVITUALLAMIENTOS

Os avituallamientos encóntranse en lugares visibles e señalizados. Disporase de contenedores no avituallamiento para residuos orgánicos e envases de plástico. Non existirá ningún punto para depositar basura pasado o control de avituallamiento, sendo éste, inicio e fin do mismo. Está prohibido o avituallamiento e a axuda externa durante o desenrolo da carreira de calquer persona, competidora ou non, estando permitido únicamente o avituallamiento que cada participante leve consigo dende a saída, ou repoña nas áreas de avituallamiento establecidas pola organización. Así mesmo, está prohibido saír da zona de avituallamiento con calquer tipo de envase ou envoltorio.

 

11. MATERIAL RECOMENDABLE

  • Roupa e zapatillas adecuadas para unha carreira por terreo irregular.
  • Botellín o mochila de 500 ml. ou outro sistema de hidratación.
  • A organización reserva a potestade de modificar o material obligatorio con días de antelación, en función das condicións meteorolóxicas previstas.
  • Teléfono móvil, con GPS mejor.

 

12. SINALIZACIÓN

Todo o percorrido se encontrará balizado con cintas fácilmente visibles, que se acompañarán con marcas e frechas en cruces de camiños. Toda a marcaxe será retirada pola organización durante os días seguintes á proba.

 

13.SEGURIDADE

A organización dispón dun seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes para todos os participantes. Haberá un servicio de Atención Sanitaria para casos de accidente ou necesidade de evacuación do corredor. Un corredor escoba da organización actuará como peche de carreira a un ritmo suficiente para cumplir co horario previsto. Ao longo do percorrido, naqueles puntos que poidan resultar conflictivos, haberá persoal da organización para orientar aos
participantes.

 

14. METEOROLOXÍA

O mal tiempo non será impedimento para a celebración da proba. En caso de interrupción ou anulación de la prueba, porque as condicións climatolóxicas así o requiran, e resulten impracticables todos os itinerarios alternativos, os dereitos de inscripción non serán devoltos.

 

15. OBLIGACIÓNS

Os corredores están obligados:

  • A levar o dorsal facilitado pola organización. Éste será levado nun lugar visible e na parte dianteira durante toda a proba e non poderá ser doblado nin recortado.
  • A socorrer a outro corredor en perigo ou accidentado e a comunicarllo á organización.
  • A seguir as instruccións dos membros da organización, mostrándose respetuosos con eles e cos demáis corredores.
  • A non saírse do itinerario sinalizado.
  • A comunicar a súa retirada nun control ou avituallamiento, entregando o dorsal. Neste caso, o corredor asume toda a responsabilidade dende que abandona voluntariamente a prueba ou é descalificado. Se decide continuar no percorrido, será baixo a súa absoluta responsabilidade.
  • A levar consigo cualquer residuo que xenere: envases, papeis, residuos orgánicos, etc., ata os lugares sinalados e habilitados pola organización.

Será motivo de descalificación del corredor:

  • Abandonar residuos fora das papeleiras situadas nos avituallamientos.
  • Non auxiliar a outros participantes no caso de que o necesiten.
  • Non obedecer as indicacións do persoal identificado como da organización.
  • Non levar o dorsal visible.
  • Atallar, sairse do itinerario sinalizado.
  • Non identificarse nos controis de paso que determine a organización.
  • Non realizar o percorrido completo.
  • Ter un comportamento no deportivo, irrespetuoso con corredores ou membros da organización.
  • Provocar un accidente voluntariamente.
  • Abandoar a carrera sen comunicación á organización conlevará a imposibilidade de participar en futuras edicións da proba.

 

16. RECLAMACIÓNS

Poderánse presentar reclamacións referentes ás clasificacións provisionais ata 30 minutos despois da súa publicación.

 

17. CLASIFICACIÓNS

A clasificación será colgada nun tablón de anuncios en meta conforme vaian chegando os corredores. Os aspectos non regulados neste regulamento rexeranse polo Regulamento de la FGDM.

 

18. ECORESPONSABILIDADE

O itinerario transcorre por paraxes de alto valor ecolóxico, polo que se deben seguir as pautas de comportamento habituais nos espazos protexidos: non deixar residuos, non prender lume, non producir ruidos que molesten á fauna,
non acampar, non sairse do percorrido sinalizado… en definitiva non deixar rastro da nosa actividade. Reducirase ao mínimo o uso de plásticos no monte: avituallamientos, sinalización.

La organización utilizará no posible material reutilizable ou reciclable. Recalcamos unha vez máis que todo participante que bote basura ao monte deliberadamente será automáticamente descalificado.

 

19. MODIFICACIÓNS DO REGULAMENTO

O regulamento pode ser modificado en calquer momento pola organización, por previsión meteorolóxica ou por calquer tipo de circunstancia necesaria.

 

20. DESCARGO DE RESPONSABILIDADE

Cada participante, coa súa inscrición,  manifesta encontrarse nunha forma física e mental que lle permita afrontar o esforzo, e asume o risco desta práctica deportiva. Os participantes, polo feito de inscribirse libre e voluntariamente,
declaran coñecer e aceptar plenamente o presente Regulamento. En caso de duda ou de xerarse algunha situación non reflexada no mesmo, prevalecerá o que dispoña ao efecto a organización. Autoriza ademáis á que a organización faga uso de fotos, vídeos e nombre na clasificación da proba, nos medios de comunicación e/ou Internet, sen esperar pago, compensación ou retribución algunha por este concepto. A información solicitada para a inscrición (correo e datos persoais), só serán utilizados única e exclusivamente para informar sobre esta competición.