IX Nocturna Casa de Sixto – Paderne – 12/01/2019

Abrindo un ano máis a tempada de orientación en Galicia, voltabamos a Sas coa novena edición da nosa Nocturna Casa de Sixto. O pasado sábado 12 de xaneiro acadamos un novo récord de inscritos, sobrepasando os 500 inscritos que consolida todavía máis a esta proba, xa tradicional no calendario orientador galego.

Este ano a climatoloxía respetou a competición, cunhas temperaturas máis suaves do habitual e unha ausencia total de choiva. Isto facilitou a labor dos voluntarios e fixo que tanto pequenos coma maiores desfrutasen dunha noite diferente, uns preparándose para a nova tempada de orientación e outros, descubrindo o mundo do mapa e compás.

A carreira desputouse con total normalidade, con 3 variantes en función da esixencia física e técnica dos participantes: Un percorrido longo, en modalidade rogaine, de carácter competitivo con 22 km e 28 balizas; unha variante media de 5 km e 13 balizas e, finalmente, a variante infantil con 1.5 km e 7 balizas, orientada a nenos entregados ao entorno de Casa Sixto.


Os inscritos no percorrido longo tomaban a saída ben entrada ó anoitecer, tendo por diante 3 horas para picar as 28 balizas que se ían encontrar no percorrido. O formato Score facía que os participantes tivesen que picar as estacións Sportident sen seguir unha orde preestablecida, polo que a eleción dun percorrido óptimo resultaba fundamental para alcanzar un bo resultado. A victoria na categoría masculina foi a parar, un ano máis, a mans do corredor do Clube Brigantia Ángel García. Segundo foi José Antonio Torviso, mentras que Gonzalo Fernández pechaba os postos de honra. En categoría feminina, Tere Barreira desquitouse do segundo posto do pasado ano, cunha victoria impecable. A corredora do Gallaecia Yolanda García ocupou o segundo posto do podium de Casa Sixto, mentres que Luci Fernández foi terceira.

Na variante media, os 302 inscritos desputaban o percorrido score cun obxectivo máis modesto e lúdico, xa que gran parte dos corredores desta modalidade facían o percorrido en familia ou formando pequenos grupos de amigos, moitos deles descubrindo o deporte de orientación. A dificultade engadida que resulta realizar esta proba en ausencia de luz provocou que os tempos dos participantes se alargasen, chegando moitos deles fora do tempo establecido.

Os máis pequenos da casa desfrutaron dun pequeno percorrido infantil de apenas 1.5 km nos arredores de Casa de Sixto, buscando balizas coa axuda da familia, navegando por un mapa moi detallado e preciso.

Dende o Clube Gallaecia Raid queremos dar as gracias, en primeiro lugar, aos participantes pola súa asistencia, a Casa de Sixto e ó Concello de Paderne pola súa implicación na organización deste evento e por suposto, ós nosos patrocinadores: Consello Superior de Deportes, Deputación da Coruña, Secretaría Xeral para o Deporte, FEDO, FEGADO, Cruz Roja, Coca-Cola, Gadis, Tracktherace, Marmar, SpacioSalud, Bibi´s Natura, Maldita Buena Suerte, Biosporty, Orballo e Nosportlimit.

A continuación deixámosvos as clasificacións oficiais da IX Nocturna Casa de Sixto:

Clasificacións percorrido Longo

Clasificacións percorrido Medio

E…para rematar, as fotos!

Galería de Antonio Aradas

Galería de Paula Naya

Galería de Iván Noguerol

Video de Iván Noguerol