V Trail-Running e Andaina de Orientación de Orro (Culleredo)

 

Se o ano pasado eran 286 inscritos, neste 2017, coincidindo co quinto aniversario desta proba, chegamos ata os 300 inscritos nunha das últimas probas do ano orientador galego. Unha vez máis, coa colaboración coa A.D.T.L. A Pedrosa.

Ao igual que na edición de 2016, os inscritos podían escoller entre os 18 kms con 600 metros de desnivel positivo do tril running e unha andaina con 10 km de percorrido e 300 metros de desnivel positivo ideal para pasar unha mañá de domingo en familia desfrutando dun percorrido máis asequible.

A proba comezaba cunha saída en masa de tódolos corredores do Trail ás 10:00 h, que afrontaban a proba como un adestramento para comezar a preparar a vindeira tempada 2018.

En categoría masculina, con 3 minutos de vantaxe, a vitoria foi a parar, ao igual que o ano pasado, a mans do integrante da selección española de O-BM, Ángel García, completando la prueba con un tiempo de 1h, 33 min. Segundo era Adrián Moreira, mentres que terceiro era o integrante do Adventure Addicts, Alberto Taboada, a cinco minutos do segundo posto.

En categoría femenina, Mar Delgado acadaba o primeiro posto do Trail, con 19 minutos de vantaxe sobre Victoria López. Carolina García chegaba ao escalón máis baixo do podio, cun tempo de 2 horas e 47 minutos.

A Andaina contaba coa maior inscrición dos dous percorridos, na que moitos dos participantes facían o percorrido en familia, descubrindo na súa gran maioría o deporte da orientación. Os máis pequenos desfrutaron dunha mañá de balizas, compases, mapas e diversión, nun entorno natural que lles permitiu introducirse en localizacións novas para a gran maioría. O ambiente de carreiras que se respiraba fixo que os participantes puxesen todo o seu empeño en chegar a meta coa satisfacción de realizar unha carreira de aprendizaxe e desenvolvemento de técnicas de orientación para os xa iniciados.

 

Dende o Clube Gallaecia Raid e A.D.T.L. A Pedrosa queremos agradecer, unha vez máis, a tódolos participantes a súa asistencia, e dar grazas tamén aos voluntarios, Concello de Culleredo, Policía Local, Protección Civil, Coca-Cola, Marathon Running Shop, Galiorient, ArteBike Arteixo, NoSportLimit, Maldita Buena Suerte, Arcadia, BikeSat, Bibi´s Natura e TrackTheRace pola súa colaboración. Non paramos, e por iso xa estamos pensando na edición de 2018… Vémonos en Orro!

 

 

E por se pensabades que se nos olvidaba… Aí vos van as fotos!

 

Galería de Loli López

Galería de Pako Diz

Galería de Paula Naya