VI Trail Running e Andaina de Orientación de Orro – Culleredo – 23/12/2018

O vindeiro día 23 de decembro na localidade de Orro (Culleredo) e organizado, como sempre, xunto cos nosos amigos da ADTL A Pedrosa, terá lugar o V Trail Running e a V Andaina con orientación de Orro. O Trail Running é de carácter competitivo e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos. VER normativa da proba e protección de datos.

AUTORIZACIÓN PARA PARTICIPACIÓN CON MENORES DE IDADE:

Cada menor que participe na proba debe ir acompañado dun adulto, e deberá presentar asinado o documento na recollida do dorsal: autorización menores. O documento está dispoñible na web de TrackTheRace, dende onde se formalizarán as inscricións.

DISTANCIAS E DESNIVEL:

Trail-running: 18 kms con 600 metros de desnivel positivo.

Andaina: 10 kms con 300 metros de desnivel positivo.

PREZOS:

A inscripción dará dereito a:

  • Realizar a andaina ou o trail
  • Regalo a todos os participantes
  • Servizo de ambulancia e médico
  • Seguro RC e médico de proba
  • Avituallamento con auga ou bebida isotónica
  • Consomé de caldo á chegada
  • Sorteo de regalos dos patrocinadores
  • Duchas

Realizando a inscrición antes do 30 de novembro ás 24:00 horas:

  • Trail Running: 14 € con licenza FEDO.
  • Andaina: 8€ con licenza FEDO.

Os menores de idade non pagarán inscripción, só o seguro.

Aqueles que non teñan licenza fedo terán que pagar 2€ a maiores para cubrir a licenza de día.

(Nota importante: non vale ningunha outra licenza, polo simple feito de que non cubriría o evento xa que os seguros só se farán cargo dos accidentes que se producen no seu deporte concreto).

Realizando a inscrición entre o 1 de decembro e o 18 de decembro ás 24 horas:

  • Trail Running: 16 € con licenza FEDO.
  • Andaina: 10€ con licenza FEDO.

Os menores de idade non pagarán inscripción, só o seguro.

Aqueles que non teñan licenza fedo terán que pagar 2€ a maiores para cubrir a licenza de día (Nota importante: non vale ningunha outra licenza, polo simple feito de que non cubriría o evento xa que os seguros só fanse cargo dos accidentes que se producen no seu deporte concreto).

COMIDA POST-EVENTO: PRAZAS LIMITADAS !!!

Tamén haberá a posibilidade de ir a comer despois da proba no propio local de ADTL A Pedrosa cunha comida preparada por un cociñeiro profesional.

Comida adultos: 8€

  • Callos
  • Paella
  • Bebida
  • Postre
  • Café

Comida nenos: 4€, co mesmo menú que os adultos.

 

HORARIOS DAS PROBAS:

Saída do trail-running con orientación: 10:00 horas (o horario de secretaría para recoller os dorsais e tarxeta de control comeza ás (8:30 e remata ás 9:30).

Saída da andaina con orientación: 10:15 horas (entregar a autorización en secretaría para os menores antes das 9:45).

MATERIAL OBRIGATORIO E RECOMENDABLE TRAIL-RUNNING E ANDAINA:

Obrigatorio/Recomendable: Cortaventos (dependendo do tempo que faga o día da proba poderá decidirse por parte da organización que non sexa material obligatorio).

Recomendable: compás.

Recomendable: Mochila de hidratación ou bidón, ainda que haberá avituallamiento líquido na metade do percorrido.

Obrigatorio só Andaina: Teléfono móbil acendido o cal ha de facilitarse á organización no momento da inscrición.