VIII Nocturna Casa de Sixto

O pasado sábado 13 de xaneiro tiña lugar a oitava edición da Nocturna Casa de Sixto, unha vez máis co se centro neurálxico na parroquia de Sas, pertencente ao Concello de Paderne, sempre vinculado ao noso deporte e colaborador habitual do Clube Gallaecia Raid.

Este ano batimos un novo récord con 450 corredores, 50 máis que o ano pasado, moitos deles animados polo novo formato da proba. A pesares da chuvia e o frío da noite, tanto pequenos coma maiores desfrutaron dunha carreira disputada con total normalidade, con 3 percorridos a escoller:

Os máis pequenos optaban polo percorrido infantil, con 1,5 km totales que percorría o núcleo da parroquia de Sas. Deste modo, os inscritos nesta categoría contaban con 55 minutos para facer o percorrido completo, empregando a tarxeta de control clásica como sistema de cronometraxe, co obxectivo de que coñecesen un dos sistemas tradicionais de control dos tempos no deporte de orientación.

Os maiores escollían o percorrido medio. Eran 8km nos que os 245 inscritos nesta categoría afrontaban unha dureza media, ideal para un adestramento lixeiro tanto física como técnicamente. En categoría masculina, Antonio Blanco Villar chegaba en primeiro lugar, seguido pola familia López González, con Javier  e Nicolás chegando segundo e terceiro respectivamente. En categoría feminina, Sofia Martínez Gómez acadaba a victoria, seguida de Sonia Gómez e Maria Eugenia Rodriguez-Trelles pechando os postos de honor.

Por último, os máis valentes e experimentados facían o percorrido longo de carácter competitivo, en formato rogaine con 24km e 3 horas de duración. Tomando a saída ás 18:00h, o percorrido facía que os participantes tivesen que picar os controis sen seguir unha orde preestablecida, polo que a eleción dun percorrido óptimo resultaba fundamental para alcanzar un bo resultado. Ademáis, este ano introduciamos dúas novidades, a cronometraxe con sistema Sportident, un paso máis que nos permitiu mellorar o funcionamento da proba, e a implementación do TrackTheRace, con seguimento en directo de tódolos corredores desta categoría. A victoria na categoría masculina foi a parar a mans de Ángel García, do Club Brigantia A Coruña, completando todo o percorrido con 66 puntos, un máis que o segundo clasificado, Alberto Taboada. Terceiro, con 61 puntos, era Jose Antonio Torviso Bardeal. Tere Barreira chegaba no primeiro posto á meta de Casa Sixto con 57 puntos. Mar Delgado era segunda, con 51 puntos e Isa Diz, do Cornelios, era terceira. A dificultade engadida que resulta realizar esta proba en ausencia de luz provocou moitos participantes chegasen fora de tempo.

Dende o Clube Gallaecia Raid queremos dar as grazas, en primeiro lugar, aos participantes pola súa asistencia, a Casa de Sixto e ó Concello de Paderne sen os cales non sería posible realizar este evento, a María José Faraldo García e José Soto, pola súa implicación na organización neste evento e por suposto, ós nosos patrocinadores: Consello Superior de Deportes, Deputación da Coruña, Secretaría Xeral para o Deporte, FEDO, FEGADO, Cruz Roja, Marathon, Coca-Cola, Gadis, Powerade, Fridama, Tracktherace, Galiorient, Victory Endurance, SpacioSalud, Bibi´s Natura, Maldita Buena Suerte, Outlet Descanso, Nuxak e Raid Gallaecia.

A continuación deixámosvos as clasificacións oficiais da VIII Nocturna Casa de Sixto:

Corta – Clasificacións Masculinas

Corta – Clasificacións Femeninas

Rogaine

E por último, deixámosvos coas galerías de fotos sacadas polos nosos fotógrafos voluntarios (nos próximos días iremos engadindo máis material multimedia):

Galería de Pako Diz

Galería de Paula Naya

Galería de Iván Noguerol