X Nocturna Casa de Sixto – Paderne – 11/01/2020

O pasado sábado 11 de xaneiro, a Nocturna Casa de Sixto voltaba a Sas para celebrar o décimo aniversario dunha carreira que marca o inicio da tempada de orientación en Galicia.

Este ano a climatoloxía respetou a competición, a pesar dunhas temperaturas xélidas que marcaron o transcurso da carreira cando o sol abandoou o ceo de Paderne. A ausencia total de choiva facilitou o labor dos voluntarios e fixo que tanto pequenos coma maiores desfrutasen dunha noite de preparación para a nova tempada de orientación, mentres que outros descubrían o mundo do mapa e compás.

A carreira desputouse con total normalidade, con 3 variantes en función da esixencia física e técnica dos participantes: Un percorrido longo, en modalidade rogaine; unha variante media e, finalmente, a variante infantil, orientada a nenos que se desputaba no entorno de Casa de Sixto.

Os inscritos no percorrido longo tomaban a saída ben cos últimos raios de sol do día, tendo por diante 3 horas para picar o maior número de balizas que se ían encontrar no percorrido. O formato Score facía que os participantes tivesen que picar as estacións Sportident sen seguir unha orde preestablecida, polo que a eleción dun percorrido óptimo resultaba fundamental para alcanzar un bo resultado. A victoria na categoría masculina foi a parar a mans do corredor do Clube Brigantia Ángel García. Segundo foi José Antonio Torviso, mentras que Óscar Fernández pechaba os postos de honra. En categoría feminina, Tere Barreira igualou a vitoria de ano pasado, cunha primeiro posto impecable. A corredora Helena Rodríguez ocupou o segundo posto do podium de Casa Sixto, mentres que Laura Martínez foi terceira.

Na variante media, os inscritos desputaban o percorrido score cun obxectivo máis modesto e lúdico, xa que gran parte dos corredores desta modalidade facían o percorrido en familia ou formando pequenos grupos de amigos, moitos deles descubrindo o deporte de orientación. A dificultade engadida que resulta realizar esta proba en ausencia de luz provocou que os tempos dos participantes se alargasen, chegando algúns deles fora do tempo establecido. En categoría feminina, o podio estivo composto por Eva Casado en primeiro lugar, Inés Valiño e Ainoa Delgado, cerrando os postes de honor. En canto á categoría masculina, Pablo Fernández gañou a proba, David Casado e José Manuel Fernández quedaban segundo e terceiro, respectivamente.

Ó mesmo tempo, os máis pequenos da casa desfrutaron dun pequeno percorrido infantil de apenas 1.5 km nos arredores de Casa de Sixto, buscando balizas coa axuda da familia, navegando por un mapa moi detallado e preciso, de fácil comprensión.

Dende o Clube Gallaecia Raid queremos dar as gracias, en primeiro lugar, aos participantes pola súa asistencia, a Casa de Sixto e ó Concello de Paderne pola súa implicación na organización deste evento e por suposto, ós nosos patrocinadores: Consello Superior de Deportes, Deputación da Coruña, Secretaría Xeral para o Deporte, FEDO, FEGADO, Cruz Roja, Ciclos Quintena, Decathlon A Coruña, Tracktherace, Marmar, SpacioSalud, Bibi´s Natura, Maldita Buena Suerte e Nosportlimit.

Por últimos, deixámosvos a galería de fotos da proba e as clasificacións. Vémonos o ano que ven!!

Galería de Paula Naya

Galería de Rodrigo González

Galería de Iván Noguerol

Clasificación por categorías

Clasificación por percorridos