I CARREIRA TRAIL DO BRANCO LEXITIMO – PADERNE – 02/07/2017

 

Moitas grazas a tódolos colaboradores por sacar adiante este novo evento e, por descontado, a tódolos corredores que viñeron a Paderne e lle deron tan boa acollida a este I Trail do Branco Lexítimo a este mundo das carreiras de montaña. O vindeiro ano… máis e mellor!!

Agora deixámosvos coas clasificacións

…e por suposto, coas galerías de fotos!

Galería de Pako Diz

Galería de Iván Noguerol

 

 

 

 

PRESENTACIÓN

A I CARREIRA TRAIL DO BRANCO LEXÍTIMO terá lugar o 2 de xullo de 2017 en Paderne, con saída e meta no campo de fútbol, a carón do campo da feira. Esta proba conta con 2 recorridos e 3 modalidades:

  • Trail Longo: 22 km aprox., con 1050 metros de desnivel acumulado aprox.
  • Trail Curto: 11 km aprox., 520 metros de desnivel acumulado aprox.
  • Andaina: 11 km aprox., 520 metros de desnivel acumulado aprox.

Esta carreira vai coincidir coa MOSTRA DO BRANCO LEXÍTIMO, polo que os inscritos e os seus acompañantes poderán desfrutar de todo o que esta mostra ofrece, ademáis de degustar o seu famoso viño. O programa da mostra para o domingo 2 de xullo inclúe:

  • 10:00 apertura del recinto.
  • 13:00 pregón a cargo de Moncho Borrajo.
  • 14:00 degustación de callos.

Esta I CARREIRA TRAIL DO BRANCO LEXÍTIMO está organizada polo Clube Gallaecia Raid en colaboración co Concello de Paderne.

O programa para o Trail é o seguinte:

  • 10:00 h. Saída Trail Longo e Trail Curto
  • 10:02 h. Saída Andaina (a continuación dos Trails)
  • 12:00 h. Apertura de duchas (no polideportivo de San Pantaleón das Viñas)
  • 13:00 h. pincho para tódolos participantes (lacón asado)
  • 14:00 h. Peche de meta
  • 14:30 h. Entrega de trofeos

ITINERARIO

Ámbolos dous circuitos son circulares e se desenvolven maioritariamente en terreo de monte, exceptuando algún tramo de asfalto para enlazar camiños e sendeiros. Onde se crucen estradas, disporemos de persoal para regular o tráfico. Os perfiles de la carrera publicaranse antes da súa celebración, e facilitaremos a información necesaria a través de redes sociais e web.

 

DUCHAS:

Na zona de meta non existe infraestructura para poder ofrecer o servizo de ducha, polo que o Concello de Paderne porñerá a disposición dos participantes da I CARREIRA TRAIL DO BRANCO LEXÍTIMO un servizo de duchas no Polideportivo de San Pantaleón das Viñas. Para desplazarse dende meta ata este polideportivo será necesario ir en coche.

 

CONDICIÓNS

Os participantes corren baixo a súa propia responsabilidade, realizando toda ou parte da proba. A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que poidan recibir ou producir os participantes, ainda que se disporá dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes para os mesmos, sexan ou non federados en montaña ou atletismo. En caso de retirada, deberá avisarse ao personal da organización. No suposto de lesión, ou impedimento para regresar polos propios medios a meta, pedirase axuda á organización, que xestionará o rescate. Facilitaranse teléfonos de contacto para emerxencias. O circuito non estará cerrado na súa totalidade ao tránsito de vehículos, polo que todo participante está obligado a cumplir as normas de circulación vial, sendo responsable de cantas infraccións puidese cometer, e deberá respetar o paso de gando, persoas e vehículos.

 

PARTICIPACIÓN, CATEGORÍAS Y TROFEOS

Únicamente se poderá participar en categoría INDIVIDUAL. Para optar a clasificación, os corredores participarán de maneira individual e sen recibir axuda externa ou de outro participante, debendo completar cada un deles a totalidade do percorrido. A cronometraxe realizarase por medio de chip. Tanto no percorrido longo coma no curto, vaise entregar un trofeo a cada un dos 3 primeiros clasificados, masculino e feminino, en categoría ABSOLUTA. Na Andaina non haberá entrega de premios. Os menores de idade só poderán participar na andaina e deberán ir acompañados dun adulto ou titor legal INSCRITO NA PROBA. Non está permitida a participación a menores de edad na modalidade de Trail curto ou longo. Os trofeos non serán acumulables.

 

INSCRICIÓNS E PRECIOS

As inscricións poderanse realizar na páxina web de ChampionChip Norte ata as 23:59:59 do xoves 29/06/17 ou ata chegar ós 600 inscritos entre as 3 carreiras. Non será posible inscribirse o día da proba. O prezo da inscrición será de:

  • Trail longo: 15€ ata o domingo 25/06/2017 ás 23:59:59 e 18€ do luns 26/06/2017 ás 00:00 horas ata o peche de inscicións.
  • Trail curto: 10€ ata o domingo 25/06/2017 ás 23:59:59 e 13€ do luns 26/06/2017 ás 00:00 horas ata o peche de inscicións.
  • Andaina: 6€ ata o domingo 25/06/2017 ás 23:59:59 e 9€ do luns 26/06/2017 ás 00:00 horas ata o peche de inscicións.

Disporanse de 600 plazas en total, sumando as 3 modalidades. Non se reservarán plazas. A inscripción da dereito ós avituallamientos correspondentes, asistencia sanitaria durante e ó finalizar a proba, transporte a meta dos participantes que abandonen a proba, bolsa do corredor, gardarroupa, duchas, e avituallamiento adicional en meta.

Política de cancelacións: O prazo para solicitar a cancelación da inscrición finaliza o luns 26 de xuño. Este trámite terá unha penalización de 3 € sobre o importe pagado. A organización resérvase o dereito de impedir a inscrición, na presente e futuras ediciones da prueba, nas seguintes circunstancias:

  • Calquera persoa considerada non capacitada, pola súa condición física ou que poida ser perxudicial para o desenvolvemento da mesma ou do entorno onde se desenvolve.
  • Calquera persoa á que, polas súas accións ou palabras, se considere unha ameaza para a seguridade da carreira, dos demáis corredores, público, colaboradores, patrocinadores, medios de comunicación, etc.
  • Calquera persona que corra na presente edición sen acreditar a súa condición de inscrito.

 

ENTREGA DE DORSAIS

A entrega de dorsais realizarase o mesmo día da proba, de 8 a 10, no campo de fútbol, no que habilitaremos unha carpa. Cada corredor deberá recoller o seu propio dorsal. Non se entregarán dorsais a terceiras persoas. Será obligatoria a presentación do DNI para a recollida do dorsal.

 

CONTROLES

Haberá controis de paso en varios puntos do percorrido para acreditar que tódolos participantes fan a totalidade do trail correctamente.

 

AVITUALLAMIENTOS

Os avituallamientos encontraranse en lugares visibles e señalizados. Disporase de contedores no avituallamiento para residuos orgánicos e envases de plástico. Non existirá ningún punto para depositar basura pasado o control de avituallamiento, sendo éste inicio e fin do mesmo. Está prohibido o avituallamiento e a axuda externa durante o desenvolvemento da carreira de calquier persoa, competidora ou non, estando permitido únicamente o avituallamiento que cada participante leve dende a saída ou repoña nas áreas de avituallamiento establecidas pola organización. Así mesmo, está prohibido saír da zona de avituallamiento con calquier tipo de envase ou envoltorio.

 

MATERIAL ACONSELLABLE

  • Roupa e zapatillas adecuadas para unha carreira por terreno irregular.
  • Botellín ou mochila de 500 ml. ou outro sistema de hidratación.
  • Teléfono móbil, con GPS mellor.

A organización resérvase a potestade de modificar o material obligatorio con días de antelación, en función das condicións meteorolóxicas previstas.

 

SEÑALIZACIÓN

Todo el percorrido se encontrará balizado con cintas fácilmente visibles, que se acompañarán con marcas e frechas en cruces de caminos. Toda a marcaxe será retirada pola organización durante os días seguintes á proba.

 

SEGURIDAD

A organización disporá dun seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes para todos os participantes. Haberá un servizo de Atención Sanitaria para casos de accidente ou necesidad de evacuación do corredor. Un Corredor Escoba da organización actuará como peche de carrera a un ritmo suficiente para cumplir co horario previsto. Ao largo do percorrido, naqueles puntos que poidan resultar conflictivos, haberá persoal da organización para orientar aos participantes.

METEOROLOXÍA

O mal tiempo non será impedimento para la celebración da carreira. A organización poderá interrumpir a proba en calquer punto se considera que pode haber serio perigo para a integridade física dos participantes, ou en casos de forza maior. Teremos previsto un percorrido alternativo. En caso de interrupción ou anulación da prueba, porque as condicións climatolóxicas así o requiran, e resulten impracticables tódolos itinerarios alternativos, os dereitos de inscrición non serán devoltos.

 

OBLIGACIÓNS

Os corredores están obligados a levar o dorsal facilitado pola organización. Éste levarase nun lugar visible e na parte dianteira durante toda a proba e non poderá ser doblado nin recortado. Tamén estará obligado a socorrer a outro corredor en perigo ou accidentado e a comunicalo á organización; a seguir as instruccións dos membros da organización, mostrándose respetuosos con estos e cos demáis corredores; a non sairse do itinerario señalizado; a comunicar a súa retirada nun control ou avituallamiento, entregando o dorsal. Neste caso, o corredor asume toda a responsabilidade dende que abandona voluntariamente a proba ou é descalificado. Se decide continuar no percorrido será baixo a súa absoluta responsabilidade. Estará obligado a levar consigo calquer residuo que xenere: envases, papeis, residuos orgánicos, etc., ata os lugares señalados e habilitados pola organización.

Será motivo de descalificación do corredor:  Abandonar residuos fora das papeleiras situadas nos avituallamientos; non auxiliar a outros participantes en caso de que o necesiten; non obedecer as indicacións do persoal identificado como da organización, non levar o dorsal visible, atallar, sairse do itinerario sinalizado; non identificarse nos controis de paso que determine a organización; non realizar o percorrido completo; ter un comportamento non deportivo, irrespetuoso con corredores ou membros da organización; provocar un accidente voluntariamente; abandonar a carreira sen comunicación á organización conlevará a imposibilidade de participar en futuras edicións da prueba.

 

RECLAMACIÓNS

Poderanse presentar reclamacións referentes ás clasificacións provisionais ata 30 minutos despois da súa publicación.

 

CLASIFICACIÓNS

A clasificación colgarase nun tablón de anuncios en Meta conforme vaian chegando os corredores. Aquilo non regulado neste reglamento rexirase polo Reglamento da FGDM.

 

ECORESPONSABILIDADE

O itinerario transcurre por paraxes de alto valor ecolóxico, polo que se deben seguir as pautas de comportamento habituais nos espacios protexidos: non deixar residuos, non prender lume, non producir ruidos que molesten á fauna, non acampar, no nsalirse del percorrido sinalizado… en definitiva, non deixar rastro da nosa actividade. Reducirase ó mínimo o uso de plásticos no monte: avituallamientos, sinalización. A organización utilizará no posible material reutilizable ou reciclable. Recalcamos unha vez máis que todo participante que bote basura ó monte deliberadamente será automáticamente descalificado

 

MODIFICACIÓNS DO REGULAMENTO

O regulamento pode ser modificado en calquer momento pola organización por previsión meteorolóxica ou por calquer tipo de circunstancia necesaria.

 

DESCARGO DE RESPONSABILIDADE

Cada participante, coa inscripción manifiesta encontrarse nunha forma física e mental que lle permite afrontar o esforzo, e asume o risco desta práctica deportiva. Os participantes, polo feito de inscribirse libre e voluntariamente, declaran coñecer e aceptar plenamente o presente Regulamento. En caso de duda ou de algunha situación non reflexada no mesmo, prevalecerá o que dispoña ó efecto a Organización. Autoriza ademáis a que a Organización faga uso de fotos, vídeos e nombre na clasificación da proba, nos medios de comunicación e/ou Internet, sen esperar pago, compensación ou retribución algunha por este concepto. A información solicitada para a inscripción (correo e datos persoais) só serán utilizados única e exclusivamente para informar sobre esta competición.